Azul Marino
A axencia de viaxes Azul Marino presentará a súa oferta para 2026 en Burela. Será nun acto que se desenvolverá na Casa da Cultura o día 28 de novembro, venres, a partir das 20:30 horas.
Segundo explica o responsable de Azul Marino en Burela, Pedro Fraga, “presentaremos as propostas máis relevantes para o 2026 da axencia de viaxes Azul Marino. Os asistentes coñecerán algunhas das novidades máis destacadas. Recibirán información sobre viaxes interesantes e en grupo a Asia, por exemplo, para o que contaremos cun maiorista especialista, como é Taiko. Os cruceiros tamén estarán presentes da man de Costa Cruceros, que presentará a súa gama de produto con saídas tamén en grupo desde A Mariña”.
Fraga considera que “as saídas en grupo desde esta comarca o que fan é facilitarlle a vida ao cliente”.
... leer más



