Praias de Barreiros
03/12/2025
O Praias de Barreiros Club Deportivo celebrará unha cea baile este domingo, día 7 de decembro ás 21:30 horas no restaurante A Ribeira, de Benquerencia.
“Tradición, sabor e moito lecer para celebrar que se acerca o final de ano! Convocámoste a unha noite máxica de gastronomía e baile, perfecta para compartir cos amigos e a familia. Tras a cea, ¡que non pare a festa! A música corre a cargo da discoteca móbil The Sound Project, que nos farán bailar ata que o corpo aguante”, anuncia o Praias de Barreiros CD.



