Baamonde

Etiquetas:
06/02/2026

A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza para o día 21 de febreiro, sábado, unha ruta con comida de cocido no municipio lucense de Baamonde. A saída desde Foz será ás 11:45 horas e ás 12:00 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 53 euros para socios federados e 55 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o sábado 7 de febreiro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta actividade a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.