actividades marzo

25/02/2026

A Aula Universitaria da UNED de Foz presenta para o vindeiro mes de marzo de 2026 unha nova programación formativa dirixida ao público xeral, composta por catro cursos presenciais centrados na saúde, a educación e o benestar persoal, así como unha actividade divulgativa ao aire libre e unha opción de ocio dirixida a crianzas.

Segundo explica Marta Muíña, coordinadora da Aula Universitaria da UNED de Foz, “esta nova oferta responde ás demandas actuais da cidadanía, apostando por unha formación práctica, útil e impartida por profesionais de recoñecido prestixio nos seus respectivos ámbitos”.

O primeiro dos cursos será Planificación nutricional para persoas con pouco tempo: organización semanal paso a paso, impartido por Saray Río, dietista e nutricionista. Trátase dun curso presencial cunha duración total...

leer más