contra

11/03/2026

O Concello de Burela, a través da Área de Inmigración, organiza varias actividades arredor do 21 de marzo, Día Internacional contra a Discriminación Racial, co obxectivo de promover a reflexión sobre a diversidade e a convivencia intercultural no municipio. Dentro desta programación o venres 20 de marzo ás 18:00 horas inaugurarase na Casa da Cultura unha exposición composta por traballos presentados nas últimas edicións do concurso que se viña celebrando arredor desta conmemoración. “A mostra recolle creacións moi diversas realizadas por veciñas e veciños de Burela, con participación de persoas de distintas idades e procedencias”, anuncia o Concello de Burela, que engade: “entre as obras expostas atópanse pezas de autores e autoras que participaron de maneira habitual nestas iniciativas. Un dos exemplos é o da artista de orixe indonesia Shiva, cuxo traballo xa fora...

leer más