XII
Este mércores tivo lugar a presentación da XII edición da Carreira Popular das Praias, unha cita consolidada no calendario deportivo da Mariña e que volverá a reunir a centos de persoas o vindeiro venres, 3 de abril, anuncia o Concello de Barreiros. No acto participaron membros da entidade organizadora, a asociación cultural e deportiva Praias de Comado, xunto coa alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, o concelleiro de deportes e deputado provincial, Dani García, e o xefe provincial de Deportes da Xunta, Manuel Otero.
O Concello de Barreiros tamén explica que “a proba principal contará cun percorrido de 7,5 quilómetros pola area das praias do municipio, con saída e chegada na praia de Coto. Un trazado que combina deporte e paisaxe e que permite ás persoas participantes percorrer boa parte do litoral de Barreiros, un entorno único. Ademais da...
leer más



