Rutas polo Románico

24/04/2026

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentaron este venres no Claustro da Catedral de Lugo, a programación das Rutas polo Románico. Unha iniciativa que a institución provincial organiza por sexto ano consecutivo e que consiste nunha serie de itinerarios gratuítos polo románico da provincia para conmemorar o Día da Transrománica. A primeira das rutas arrancará o vindeiro 8 de maio na capital lucense e inclúe dúas visitas á Mariña: o domingo 10 de maio a Viveiro e o sábado 16 de maio á basílica de San Martiño, no municipio de Foz.

Carmela López destacou que esta nova edición “permitirá descubrir catorce xoias da arte europea na provincia”, poñendo en valor o patrimonio románico como unha das grandes fortalezas patrimoniais do...

leer más