Son´s Varadero
07/05/2026
Para conmemorar o Día das Letras Galegas o grupo musical focego Son´s Varadero ofrecerá un concerto este sábado, día 9 de maio, ás 20:00 horas na casa da Cultura de Foz.
Son´s Varadero fará unha actuación cun repertorio de cancións galegas e anuncia que este concerto estará dedicado ao focego Xesús do Breogán “pola súa contribución e dedicación á cultura do noso concello”.
Este evento está organizado por Son´s Varadero coa colaboración do Concello de Foz.



