RC Celta
Ana Ermida e Dani García, en representación do Concello de Barreiros, e Marcos Rodríguez e José Luís Ríos, en representación de Iberia CF e Celta Barreiros FC respectivamente, asistiron este martes ao estadio de Balaidos á presentación do Campus RC Celta. O Real Club Celta de Vigo e o Concello de Barreiros organizan por sexto ano consecutivo este campus na localidade e contan coa colaboración dos clubs de fútbol locais, Iberia CF e Celta Barreiros FC. É un campus destinado a nenos/as de 5 a 16 anos que se realizará dende o luns 27 ao venres 31 de xullo.
Para a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida “este campus supón achegar a estrutura dun club de primeiro nivel, como é o Celta de Vigo, a rapaces e rapazas de Barreiros e da contorna que descobren de primeira man a metodoloxía e os adestramentos que eles levan a cabo”.
... leer más



