surf feminino
A presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela, Carmela López, mantivo un encontro na praia da Marosa cos responsables da Federación Española de Surfing para ultimar a programación do Iberdrola Surfing Day Burela, un evento deportivo e divulgativo que terá lugar o vindeiro 12 de setembro neste areal mariñán. A Xunta de Goberno da Deputación aprobou contratar á Federación para levar a cabo a organización deste evento que desenvolverá actividades dirixidas tanto a deportistas como ao público en xeral.
Carmela López destacou que esta iniciativa representa “unha nova aposta da Deputación por combinar deporte, igualdade, promoción turística e respecto polo medio mariño, aproveitando o enorme potencial do litoral lucense”. Neste senso subliñou que “a praia da Marosa converterase no epicentro do surf feminino nacional e para...
leer más



