Cantábrico
O Concello de Viveiro presentou a Milla Internacional do Cantábrico (MIC), un novo evento deportivo que se celebrará os vindeiros 17 e 18 de outubro e que “converterá a cidade nun referente do atletismo urbano”.
Esta nova aposta do Concello de Viveiro, organizador da cita xunto ao CD CAMOVI, reunirá durante unha fin de semana a Milla Internacional do Cantábrico, a 10K Cidade de Viveiro e a MIC Kids, ademais dun programa de actividades paralelas “pensado para que deportistas, familias e visitantes poidan vivir unha auténtica festa do atletismo”. A presentación serviu tamén para recoñecer ao atleta olímpico viveirense Adrián Ben, embaixador do evento.
A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, destacou que esta iniciativa vai moito máis alá dunha competición deportiva: “Este evento axudaranos a seguir posicionando...
leer más



