ruta nocturna
A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza para o día 15 de agosto, sábado, a súa 15ª Marcha Nocturna polo municipio focego. A saída será ás 22:00 horas desde a Praza do Concello.
O prazo para anotarse remata o 9 de agosto e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é fácil, a organización recomenda levar lanterna ou farol e anuncia: “un año más en agosto celebramos la marcha nocturna, ruta fácil y cómoda disfrutando de un sabroso chocolate y bizcocho en la playa de Llas”.
A asociación Pasada das Cabras organiza unha ruta nocturna Burela-Nois para este sábado, 8 de agosto
A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras organiza a ruta nocturna Burela-Nois (Foz) para este sábado, día 8 de agosto. É unha ruta de dificultade baixa con 7,5 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar chaleco reflector e lanterna.
A saída será ás 21:30 horas desde a estación do tren de Burela. Ao rematar o percorrido desde Nois haberá chocolate con churros para os participantes na Praza da Mariña.
O prezo é de 8 euros para os socios do colectivo organizador e de 10 euros para os que non o son. Inclúe o desprazamento en tren, seguro e chocolate con churros.
As persoas que queiran participar deben anotarse antes deste xoves, 6 de agosto.




