Virxe dos Dolores

21/09/2026

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e membros da Comisión das Festas Virxe dos Dolores presentaron o programa das celebracións, que se desenvolverán esta fin de semana, sábado 26 e domingo 27 de setembro.

A programación arrancará o sábado 26 de setembro ás 14:00 horas cunha sesión vermú a cargo de Luxor Music Show. Xa pola noite, a partir das 22:30 horas, terá lugar unha verbena amenizada por Luxor Music Show e Discomóbil Conxuro.

O domingo 27 de setembro “será a quenda da tradición, coa pasarrúas a cargo do grupo Fol do Raxal. Ás 13:00 horas celebrarase a misa solemne cantada polo Coro de Cervo, seguida da procesión acompañada polo grupo Fol do Raxal. A continuación, os asistentes poderán desfrutar dunha sesión vermú prolongada a cargo de Discomóbil Conxuro”, explica o Concello de Cervo.

... leer más