Biblioteca Maravilhas

13/11/2026

A escritora Lucía Ferro, de San Miguel de Reinante (Barreiros), presentará o libro titulado A faba e nós, de Alberto V. Serantes, en Lourenzá este sábado, 14 de novembro. Será ás 12:30 horas na Biblioteca Maravilhas, que está na Escola de Arroxo.

Despois da presentación do libro terá lugar o evento Xuntanza por un mundo mellor, sobre o cal a organización da actividade explica que “nalgún momento das nosas vidas todos somos vulnerables: na infancia, na vellez, na enfermidade ou cando o capitalismo nos abate con precaridade e usura. Hoxe vivimos con incerteza o futuro, por iso queremos xuntarnos para crear un mundo no que o coidado das persoas e o entorno sexan a prioridade. Vide a suxerir ideas, propoñer proxectos ou colaborar cos que xurdan, e creemos da nosa contorna un lugar máis confortable no que vivir”.