Xente
Tras a boa acollida das edicións anteriores, o Concello de Burela organiza unha nova edición de “Xogo e Xente”. Durante os meses de veráncelebrarase a terceira edición do torneo social de parchís por parellas e a segunda edición dos torneos de tute eoca, tres citas que teñen comoobxectivo fomentar a convivencia, a participacióncidadá e o encontrointerxeracional a través dos xogostradicionais.
A programación desenvolverasena Praza da Mariña,a partir das 20:30 horas. O torneo de parchís disputarase os días 20 e 21 de xullo, o de tute os días 3 e 4 de agosto, e o da oca os días 10 e 11 de agosto.
As inscriciónspoderán realizarse na Casa do Concello ou a través do correo electrónico cultura@burela.org, mentres que as bases completas están dispoñiblesnapáxina web municipal.
... leer másA Casa da Cultura de O Vicedo acollerá o vindeiro domingo, 26 de decembro, ás 19:00 horas o espectáculo de Avelino González "Contos de boa xente".
Como di o propio Avelino González: “a última vez que fun famoso foi porque facía de Miñato na serie Padre Casares e agora conto historias sen pantalla polo medio. As historias son para todos os públicos e segundo o público que haxa conto unhas ou outras. Nestes días que non sabemos se imos para adiante ou para atrás, os contos son seguros e divertidos”.





