A Biblioteca Municipal de Foz acollerá este venres, 15 de maio, un espectáculo de contacontos a cargo da actriz Raquel Queizás.

A Biblioteca Municipal de Foz acollerá este venres, 15 de maio, un espectáculo de contacontos a cargo da actriz Raquel Queizás.
 
Dentro da Programación das Letras, a biblioteca pública municipal de Foz acollerá este venres, día 15, ás seis da tarde un espectáculo de contacontos con obxectos e monicreques para nenas e nenos a partir de 3 anos de idade. A actuación, titulada A maleta da avoa, correrá a cargo de Raquel Queizás.
A actriz Raquel Queizás, que ten unha frutífera e longa traxectoria profesional, cursou estudos de Artes Escénicas (interpretación, clown, improvisación, expresión corporal,  bufón, danza, teatro, mimo, voz e canto, acrobacia,  manipulación e fabricación de monicreques, etcétera.) en diferentes centros ou encontros de formación. É cofundadora e integrante da compañía Teatro da Semente. Forma parte do elenco das compañías Os Monicreques de Kukas e A Xanela do Maxín. Participou con Leo Bassi en espectáculos de rúa e con Els Comediants actuou na inauguración da Terminal 4 do aeroporto de Barajas.