A Casa da Cultura de Foz acollerá a proxección da película "Lobos Sucios". Será este xoves, 5 de maio.

A Casa da Cultura de Foz acollerá a proxección da película "Lobos Sucios". Será este xoves, 5 de maio.
 
A Casa da Cultura de Foz acollerá a proxección da película Lobos sucios este xoves, día 5, ás 20:30 horas. Está recomendada para maiores de 12 anos e o prezo da entrada é de 3 euros. É un acto organizado pola Delegación Municipal de Cultura.
 
Lobos sucios é unha coprodución hispano belga do ano 2015, ten unha duración de 105 minutos e está rodada en castelán. É un thriller drama dirixido por Philippe de Chauveron e inspirado libremente en feitos, historias e personaxes reais. É unha historia de supervivencia, espionaxe e amor situada nunha contorna máxica de Galicia, concretamente nunha aldea da provincia de Ourense, en 1944.