A Pomba do Arco, de Foz, organiza unha serie de actividades entre os días 20 e 23 de abril ás oito e media da tarde no Cenima.

A Pomba do Arco, de Foz, organiza unha serie de actividades entre os días 20 e 23 de abril ás oito e media da tarde no Cenima.
 
Coincidindo coa exposición Artes Plásticas da Mariña, na que se recolle una boa chea de artistas mariñáns, e que se pode visitar no Cenima de Foz a asociación cultural A Pomba do Arco de Foz vai organizar una serie de mesas debate nas que se abordará, como tema principal, o estado actual da arte. Todas estas mesas debate terán lugar no Cenima de Foz entre os días 20 e 23 ás 20.30 horas.
 
Primeira charla: Arquitectura de nós.
O luns comezará esta actividade coa intervención de  Xosé Manuel Casabella. O arquitecto de fama mundial e cunha extensa obra en Galicia vai abordar o tema do estado actual da arquitectura galega. Despois da charla iniciarase un interesante coloquio debate no que o público fará ao poñente as preguntas que considere oportunas e debaterase entre todos sobre o estado actual da arquitectura galega.
 
Segunda charla: Ensino e creación.
O martes, tamén ás 20.30, terá lugar no Cenima a segunda das charlas debate. Nesta ocasión abordarase o tema da educación da arte. Contaremos coa presenza na mesa dos profesores Pedro Cabarcos, Paz Quiroga e Xerardo López que nos ilustrarán sobre cales son os logros e os problemas cos que se ten que enfrontar o ensino de arte. Aparte dos tres citados profesores contaremos nesta charla coa presenza de dous alumnos do bacharelato de arte que nos darán a coñecer a súa visión sobre o mundo do ensino de arte.
 
Terceira charla: A arte que ven.
Tal e como o seu nome indica nesta charla contaremos coa presenza de novos creadores que nos falarán de como ven eles a arte e cales son as súas inquedanzas. Contaremos nesta mesa debate coa presenza de Lucía Vila, Martín Lestao, Cris Basanta e David Catá. Todos eles nos amosarán imaxes da súa obra explicando cal foi  o seu proceso de creación. Con esta charla poderase comprobar como a arte mariñán lle espera un interesantísimo futuro.
 
Cuarta charla: Pensar a arte.
Nesta derradeira charla contaremos coa presenza de varios artistas mariñáns de recoñecida fama que nos falarán de cómo se enfrontan eles á difícil tarefa de crear arte. Veremos que é o que os motiva a crear e cales son os pasos que se deben dar para que unha idea se converta nunha obra de arte.
Nesta charla contaremos coa presenza de Celso Dourado, Daniel Caxigueiro, Juanel Ponte e Xoán Manuel Guerreiro.
 
A Pomba do Arco convida "a toda aquela persoa que se interese un pouco pola arte mariñán a participar nesta interesante actividade que como xa dixemos terá lugar entre os días 20 e 23 de abril ás 20.30 no Cenima de Foz".