A sexta edición da carreira Val das Fabas, de Lourenzá, terá lugar o 3 de outubro. Os participantes na categoría absoluta elixirán si corren na Verdina ou na Galaica.

A sexta edición da carreira Val das Fabas, de Lourenzá, terá lugar o 3 de outubro. Os participantes na categoría absoluta elixirán si corren na Verdina ou na Galaica.
 
Faltan 54 días para que volva a ver a luz unha das carreiras con máis sabor popular de Galicia, formando parte do programa da tradicional Festa da Faba. Será o 3 de Outubro de 2015, sábado, cando ás 16:30 arrancará a proba para categorías menores e ás 17:30 fará o propio na Carreira Verdina e na Carreira Galaica: "Dous desafíos nunha carreira".
Ésta é a principal novidade coa que se presenta esta edición, a sexta xa da Popular Val das Fabas 2015.
Todos os atletas participantes na categoría absoluta poderán escoller se participan na Carreira Verdina (7 kms) ou na Carreira Galaica (14 kms.) A verdina consta de 1 volta e a Galaica de 2 voltas ao circuíto Val das Fabas.
Ademáis haberá premios con trofeos inéditos, camisetas de regalo, medallas para todos os nenos participantes, e moitas máis sorpresas que iremos presentando nos vindeiros días.
Championchipnorte será un ano máis a crono oficial da carreira. En breve abriranse as inscricións