"A última viaxe do afiador" proxectarase o 6 de marzo en Rinlo, dentro do ciclo "Cinema nas parroquias" do Concello de Ribadeo.

"A última viaxe do afiador" proxectarase o 6 de marzo en Rinlo, dentro do ciclo "Cinema nas parroquias" do Concello de Ribadeo.
 
Este domingo, 6 de marzo, en Rinlo proxectarase a película “A última viaxe do Afiador” dentro do ciclo “Cinema nas parroquias”, organizado polo Concello de Ribadeo. Esta longametraxe documental ten sido nomeada aos Premios Mestre Mateo do pasado ano.
 
Relata a vida dos vellos afiadores que saían un día da súa casa detrás da roda para ir polo mundo adiante tratando de gañar un salario para vivir. Tardou tres anos en ver a luz posto que se realizaron numerosas entrevistas aos afiadores de máis idade de Nogueira de Ramuín, San Xoán de Río e outros municipios de Ourense, ademais de Burgos, Palencia e La Habana. 
 
A proxección desta cinta será na Escola de Rinlo a partires das 17:30 horas.