A XIII Feira de Produtos Artesanais e Ecolóxicos Produart celebrarase en Burela entre o 31 de xullo e o 2 de agosto.

A XIII Feira de Produtos Artesanais e Ecolóxicos Produart celebrarase en Burela entre o 31 de xullo e o 2 de agosto.
 
Burela ten unha cita cos produtos artesanais e ecolóxicos entre o 31 deste mes e o 2 de agosto na feira Produart, un encontro que chega á súa XIII edición. Organizada pola Fundación Expomar, que preside o alcalde de Burela, Alfredo Llano, a cita terá lugar na nave das redes do porto e abrirá as súas portas ás 17.30 horas do venres 31 de xullo con carácter totalmente gratuíto para os visitantes. Ademais da propia exposición de produtos, haberá todo un programa de actividades paralelas no recinto feiral de Burela. A música, os videoforums, os obradoiros para nenos, as demostracións en vivo e as degustacións acompañarán aos produtores durante toda a feira.
A Feira Produart coincide coa Festa Degustación do Bonito, que organiza un ano máis a A.C. Ledicia e que está fixada para o día 1 de agosto na explanada portuaria da vila. A Fundación Expomar tamén colabora con esta cita gastronómica clásica do verán mariñán.
Os que estean interesados en expoñer os seus produtos artesanais e ecolóxicos en Produart aínda están a tempo de facelo. Expomar ultima este semana a súa campaña comercial e de captación de participantes e calquera empresa relacionada con estes dous sectores está chamada a acudir. Poden facelo nos teléfono 982586232 ou 610574188, así como a través dos correos electrónicos xerencia@expomar ou expomar@expomar.com