As actividades de verán para os nenos e nenas de Burela que organiza a Concellería de Deportes serán do 4 de xullo ao 26 de agosto.

As actividades de verán para os nenos e nenas de Burela que organiza a Concellería de Deportes serán do 4 de xullo ao 26 de agosto.
 
O concelleiro de Deportes e Turismo, Ramiro Fernández, e o técnico de Deportes, Iván Cao Lucas, veñen de presentar as actividades lúdicas que se van desenrolar nos meses de verán para os nenos e nenas de Burela.
 
Fernández Rey dixo que “con estas actividades dende o equipo de goberno preténdese facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, ademais de impulsar a actividade física nos nosos mozos que debe de ser un dos obxetivos das administracións, e que dende o equipo de goberno de Burela vimos demostrando que esa aposta é unha realidade”.
 
O edil de Deportes explicou que “como novidade este ano vaise pedir que os pais ou tutores presenten un certificado médico para asegurar deste xeito que os nenos poden facer unha actividade física e que cumpren co calendario de vacinacións obrigatorias, xa que son actividades nas que participan un elevado número de usuarios e debemos de garantir uns mínimos que aseguren un desenrolo da actividade sen problemas”.
 
Ramiro Fernández contou que “na pasada semana xa se fixo chegar aos colexios o formulario de inscrición, e a partir do vindeiro día 27 de xuño (luns) ata o 30 (xoves) dende as oito da mañá procederase a recoller as fichas cubertas máis os certificados médicos na Casa da Xuventude”.
 
As actividades comezarán o vindeiro día 4 de xullo e rematarán o 26 de agosto, e desenrrolaranse entre o CEIP Virxe do Carme e a praia urbana. As actividades que se ofertan son patinaxe, xogos tradicionais, xogos na praia e pequebasquet. Os grupos distribuiranse en diferentes idades de 5 a 7 anos, de 8 a 9 anos e de 10 anos para diante. As prazas son limitadas e seguirase a orde de inscrición para facer a selección dos participantes.
 
O concelleiro socialista engadiu que “dende o equipo de goberno seguiremos apostando por este tipo de actividades, e incluso tentando amplialas, xa que son moi solicitadas polas veciñas e polos veciños de Burela”.