Ata o 19 de decembro está aberto o prazo de presentación de traballos ao Certame de Poesía Infantil de Nadal, que convoca na súa fase local a Biblioteca El Viejo Pancho, en Ribadeo.

Ata o 19 de decembro está aberto o prazo de presentación de traballos ao Certame de Poesía Infantil de Nadal, que convoca na súa fase local a Biblioteca El Viejo Pancho, en Ribadeo.
 
A Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho convoca o Certame de Poesía Infantil Nadal 2016, na súa fase local. No mesmo poden participar os nenos e nenas, que así o desexen, e que teñan ata un máximo de 16 anos. Establécense tres categorías: ata 8 anos; de 9 a 11 anos; e de 12 a 16 anos. Os poemas deberán estar escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara.
 
O prazo de presentación de traballos na Biblioteca Pública Municipal remata o 19 de decembro. O fallo do xurado farase público na primeira quincena de xaneiro de 2017. Os traballos premiados na fase local participarán na provincial do Certame.