Ata o 30 de decembro está aberto o prazo para participar no Concurso de Vídeo sobre o patrimonio de Ortegal.

Ata o 30 de decembro está aberto o prazo para participar no Concurso de Vídeo sobre o patrimonio de Ortegal.
 
Os interesados en participar no Concurso de Vídeo sobre patrimonio do Ortegal teñen de prazo ata o vindeiro 30 de decembro para enviar os seus traballos á Fundación Ortegalia, organizadora do certame coa colaboración do Concello de Ortigueira. 
As bases e as dúbidas sobre este concurso poden consultarse dirixíndose á Fundación Ortegalia, sita en Ortigueira, no teléfono 981402413 ou a través dos correos electrónicos fundacion@ortegalia.es ou museo@ortegalia.es