Barreiros celebra o IV Encontro Interxeracional o 14 de novembro en San Pedro de Benquerencia. Haberá actividades para todas as idades.

Barreiros celebra o IV Encontro Interxeracional o 14 de novembro en San Pedro de Benquerencia. Haberá actividades para todas as idades.
 
A Rede de Voluntariado Local e o Departamento de Servizos Sociais do Concello organizan para o vindeiro 14 de novembro o IV Encontro Interxeracional, un encontro no que persoas de todas as idades poderán gozar de múltiples actividades de tempo libre e obradoiros, ademais dun xantar conxunto.
 
A cita, que se celebra con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, comeza ás 12 horas no Canteiro, en San Pedro de Benquerencia, e rematará ás 19 horas. A programación comeza cunha mostra e obradoiros de artes plásticas e actividades de tempo libre. Ás 14 horas iníciase a comida, concibida como un momento de confraternización. Os participantes deben traer a súa propia cesta e mantel.
 
Pola tarde, ás 16 horas, comeza o obradoiro de máscaras, a cargo da actriz barreirense Estíbaliz Veiga, que ás 19 horas poñerá tamén fin á cita cunha obra do seu propio grupo de teatro. As actividades están dirixidas a persoas de todas as idades.