Co pregón do científico focense Xurxo Mariño darán comezo este sábado, 6 de agosto, as festas de San Lourenzo 2016 en Foz.

Co pregón do científico focense Xurxo Mariño darán comezo este sábado, 6 de agosto, as festas de San Lourenzo 2016 en Foz.
 
As Festas de San Lourenzo 2016 en Foz darán comezo mañá, sábado, co pregón que pronunciará o científico focense Xurxo Mariño ás 20:00 horas na Casa da Cultura.
 
O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, subliña que “estamos contentos de con elo tratar de homenaxear a estes focenses que se dedican na sombra ao fomento da ciencia e á investigación, como Xurxo Mariño. É un científico de recoñecido prestixio e a verdade é que vai ser un pregón moi interesante”.
 
O rexedor focense explica que “Xurxo Mariño é licenciado en Ciencias Biolóxicas na Universidade de Santiago e actualmente está traballando no departamento de Fisioloxía da Facultade de Medicina de Santiago. É un experto científico, neurocientífico concretamente, e pertence a diferentes organizacións de investigacións a nivel galego e nacional. Sobre todo unha faceta moi interesante por parte de Xurxo Mariño é a de divulgador científico. Moitas veces os enormes hándicaps que ten a ciencia é ese poder de comunicación que as veces non satisfai o grandísimo traballo que se fai nun laboratorio ou nun departamento da universidade. Neste caso Xurxo Mariño achega esa parte da ciencia ás persoas e iso axuda a crer moito máis na ciencia”.
 
Javier Castiñeira salienta que “é un dignísimo pregoeiro das Festas do San Lourenzo 2016 e vaia con elo a homenaxe a aquelas persoas focenses que se dedican á ciencia e a investigación”.