Concello e Asociación de Comerciantes presentaron o cartel e a programación de Nadal que se desenvolverá en Burela ata o 14 de xaneiro.

Concello e Asociación de Comerciantes presentaron o cartel e a programación de Nadal que se desenvolverá en Burela ata o 14 de xaneiro.
 
O concelleiro de Cultura, José Díaz, e a tesoureira da Acia local, Marta Basanta, presentaron esta mañá a programación e o cartel coas actividades de Nadal que se desenvolverán en Burela ata o vindeiro 14 de xaneiro. 
 
O edil socialista explicou que “hemos decidido fusionar las actividades que ha programado el Concello con las organizadas por la Asociación de Comerciantes de Burela. Y esta mañana hemos presentado el cartel, que incluye toda la programación que tendremos en el pueblo a lo largo de los próximos días”.
 
José Díaz fixo fincapé no Tributo a Michael Jackson, que terá lugar este venres 16, no concerto de Nadal que ofrecerá a Orquestra Nacional de Moldavia o día 25 e no espectáculo musical para toda a familia Os Rockenstein. E tamén dixo que son xa 80 os traballos presentados ao Certame Literario de Nadal, convocado polo seu departamento. A entrega de premios será o 5 de xaneiro no salón de plenos do Concello. 
 
Non faltarán no Nadal de Burela o cine, o concerto de panxoliñas, a recepción a Papá Noel ou a cabalgata de Reis coa rosconada-chocolatada, entre outras actividades.