Concello e hostalería de San Ciprián convidan a veciños e visitantes a participar na festa do mexillón que se celebra o 4 de abril.

Concello e hostalería de San Ciprián convidan a veciños e visitantes a participar na festa do mexillón que se celebra o 4 de abril.
 
O Concello e os bares e restaurantes de San Ciprián deron a coñecer hoxe o programa e o cartel da Festa do Mexillón, que se celebra o próximo sábado, 4 de abril. Unha nova edición na que a hostalería preparará este produto galego en variadas receitas, dende as máis tradicionais ata as máis innovadoras co obxectivo de “exaltar el mejillón y al mismo tiempo convertirlo en un reclamo turístico durante las vacaciones de Semana Santa”, asegura a edil de Turismo, Begoña Alonso. 
A Festa do Mexillón faise coincidir todos os anos co Sábado Santo, de forma que se ofrece unha “opción más de ocio degustando un producto de sabor casi universal, y que admite todo tipo de ingredientes y acompañamientos”, explica Alonso.
A edil de Turismo aproveitou para agradecer aos bares e restaurantes participantes “su trabajo e implicación con esta iniciativa así como su interés por, año tras año, seguir innovando y ofreciendo nuevas preparaciones”.  
Alonso lembra que esta é a segunda festa gastronómica que se celebra en menos dun mes no municipio, e nos dous casos baseadas en produtos do mar, “que forman parte de nuestra identidad gastronómica como municipio costero y gallego” sen esquecer “el tirón de las fiestas de exaltación de productos típicos, que se convierten en un atractivo más y que complementan un destino como el municipio de Cervo”.