Do 13 de xullo ao 19 de agosto terán lugar as Noites Alternativas, que organiza o Concello de Cervo. Haberá fútbol praia, pádel ou baloncesto, entre outras actividades.

Do 13 de xullo ao 19 de agosto terán lugar as Noites Alternativas, que organiza o Concello de Cervo. Haberá fútbol praia, pádel ou baloncesto, entre outras actividades.
 
O Concello de Cervo propón a partir do vindeiro luns, día 13, aos seus veciños a práctica de deporte na rúa da man do programa Noites Alternativas, no que nesta edición se inclúen sete disciplinas: volei praia, fútbol praia, fútbol sala, baloncesto, pádel, unha noite do patín e outra de orientación.
As Noites Alternativas, que comezaron a celebrarse en 2008, buscan fomentar a práctica do deporte ao aire libre aproveitando o bo tempo. As actividades son gratuítas e para participar basta con apuntarse entre as 20:30 e as 21:30 horas no lugar fixado para a súa celebración. Poden participar persoas maiores de oito anos e haberá diversas categorías: sub 10 -12- 15-17 e sénior.
As actividades comezarán ás 20:30 horas e acabarán sobre as 00:30 horas. O programa proposto é o seguinte: volei praia, o 13 e 14 de xullo, na praia do Torno; fútbol praia, o 21, 22 e 23 de xullo, tamén na praia do Torno; fútbol sala 3x3, o 28, 29 e 30 de xullo, na Praza dos Campos; baloncesto 3x3, o 4, 5 e 6 de agosto na Praza dos Campos; pádel, o 11, 12 e 13 de agosto no Polígono de Cuíña; a Noite do Patín, o 18 de agosto na Praza dos Campos; e a Noite de Orientación, o 19 de agosto tamén na Praza dos Campos.
As persoas que desexen máis información poden chamar ao teléfono 691.65.66.00.