Do 30 de marzo ao 3 de abril terá lugar en Xove o XXV Curso de Formación Orquestral Semana Santa 2015.

Do 30 de marzo ao 3 de abril terá lugar en Xove o XXV Curso de Formación Orquestral Semana Santa 2015.
 
O salón de actos do centro cívico de Xove acollerá do 30 de marzo ao 3 abril o XXV Curso de Formación Orquestral Semana Santa 2015. O evento, que está organizado por PrestoXove, foi presentado hoxe. E conta coa colaboración do Concello xovense e coa Área de Cultura da Deputación de Lugo. 
Os profesores convidados son: Benxamín Iglesias (trompa), Rebeca Maseda (violín), Nazaret Canosa (violín) e Iván Siso (violonchelo). Os profesores colaboradores son: Manuel Fernández (violín), Olalla Canoura (violín), Saúl Canosa (clarinete), Xulia Nogueira (violonchelo) e Anxo Leitao (contrabaixo). O director do curso é Xan Carballal. 
Ademáis da formación haberá dous concertos. Un concerto de cámara o xoves, 2 de abril, ás seis da tarde. E o concertó final o 3 de abril tamén ás 6 da tarde.