En Burela celébrase a IV Festa Castrexa do 3 ao 5 de xullo. 27 clans se darán cita no evento no que haberá infinidade de actividades.

En Burela celébrase a IV Festa Castrexa do 3 ao 5 de xullo. 27 clans se darán cita no evento no que haberá infinidade de actividades.
 
Todo está listo en Burela para a celebración da Festa Castrexa do 3 ao 5 de xullo. 
Haberá diversas actividades coma mercados nas prazas do Concello e da Mariña e na rúa Pardo Bazán. Catro grupos animarán eses mercados e preto de 1.000 persoas participarán no desfile co que dará comezo a festa o venres pola noite. Na zona do porto instalarase por primeira vez un poboado castrexo. 
A Festa Castrexa reunirá a 27 clans neste 2015. Os mellor caracterizados levarán premios en metálico ao igual que os locais hostaleiros que se engalanen para a festa. Bares, mesóns e restaurantes ofrecerán menús e tapas a prezos especiais.
Os que se acheguen a Burela estes días poderán gozar dun amplo programa de actividades, que inclúen o sábado xogos castrexos e a busca do torques de ouro. 
A Festa Castrexa foi organiza pola Acia de Burela, que conta coa colaboración, entre outros, do Concello.