En Burela o barco museo "Reina del Carmen" estará aberto ao público dende o vindeiro mércores, 23 de marzo. Poderase visitar pola mañá e pola tarde.

En Burela o barco museo "Reina del Carmen" estará aberto ao público dende o vindeiro mércores, 23 de marzo. Poderase visitar pola mañá e pola tarde.
 
Segundo ven de anunciar o Concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, o barco museo Reina del Carmen estára aberto dende o vindeiro mércores, 23 de marzo, ao contar xa coa persoa seleccionada para desempeñar ese posto.
 
“Con isto garantimos que o barco museo vai a poder ser visitado durante toda a Semana Santa en horarios de mañá e tarde. Os horarios das visitas comezarán ás 11:00 da mañá e farase en tres quendas, tendo en conta que cada visita dura máis ou menos 45 minutos. Pola tarde as visitas comezarán ás 16:00 horas e poderán facerse visitas en catro quendas coa mencionada duración duns 45 minutos cada unha delas”, subliña o edil socialista.  
 
Ramiro Fernández manifestou que “xa de cara aos próximos meses, vai manterse o mesmo horario coa única variación de que as visitas serán de martes a sábados (ambos inclusive), pero o obxectivo é que en tempada alta (no verán) se poida visitar todos os días da semana de maneira ininterrumpida, isto dependerá dos Plans de Cooperación que a Xunta de Galicia acorde co Concello de Burela e da disponibilidade de persoal que nos poidan dar os devanditos plans, dos que tamén depende a apertura da Oficina de Turismo”.
 
O concelleiro de Turismo indicou que “aproveitando que o barco museo Reina del Carmen, xa vai a contar con persoal no día a día a información turística tamén vai a poder ser consultada no propio Barco Museo”.
 
Fernández engadiu que “dende o Concello de Burela, como estamos a demostrar, vamos apostar forte polo turismo, como xa vimos demostrando e seguiremos impulsando iniciativas para que Burela poida ter unha política turística como se merece”.