En Cervo a Delegación Municipal de Igualdade e catro asociacións organizan diversos actos para conmemorar o día internacional da muller o vindeiro 5 de marzo.

En Cervo a Delegación Municipal de Igualdade e catro asociacións organizan diversos actos para conmemorar o día internacional da muller o vindeiro 5 de marzo.
 
A Delegación Municipal de Igualdade e catro asociacións do municipio de Cervo (Mulleres de San Ciprián, Mulleres en Igualdade, Mulleres Rurais As Espalladoras e Alborada) organizan diversos actos para conmemorar o Día Internacional da Muller o vindeiro 5 de marzo, sábado. O programa de actividades foi presentado hoxe pola concelleira de Igualdade, Pilar Armada, e representantes dos catro colectivos.
 
Os actos empezarán na Casa do Mar, de San Ciprián, ás 17:30 horas cun Café Bombón. Ás seis da tarde haberá unha charla sobre Dinámicas para mellorar a calidade de vida, que será impartida por Reyes Quelle. A continuación, ás 19 horas, terá lugar unha demostración de taichí a cargo da asociación Alborada. Posteriormente as actividades trasladaranse ao auditorio da Casa da Cultura, de San Ciprián, onde ás oito da tarde actuará o grupo A Rebolaxe. Ás 22 horas empezará no restaurante Buenavista unha cea, na que se entregarán os premios dos campionatos de tute e de parchís, que se están celebrando estes días, e haberá algunhas sorpresas. E as actividades da xornada rematarán cun baile a partir das doce da noite na Casa do Mar.
 
Para participar no Café Bombón e na cea é necesario anotarse na Casa do Mar, nas asociacións colaboradoras ou no teléfono 982.87.95.83. O prazo remata o día 2 de marzo.