Entremans porá en escena este sábado, 20 de febreiro, en Viveiro o espectáculo "Xoga", destinado a nenos e nenas a partir de 3 anos.

Entremans porá en escena este sábado, 20 de febreiro, en Viveiro o espectáculo "Xoga", destinado a nenos e nenas a partir de 3 anos.
 
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o sábado a representación de “Xoga”, a cargo de Entremans. O espectáculo de danza contemporánea, dirixido a nen@s de máis de 3 anos, durará 50 minutos. Será ás 18:00 horas.
 
"Xoga" é un espectáculo para descubrir como es e saber de que estás feit@. Un encontro didáctico que conxuga espazo escénico, audiovisual, música e danza, diversión, unión e espectáculo, unha viaxe dende a imaxinación ao coñecemento.