Este domingo, 10 de abril, celébrase a sétima ruta do poldro, organizada pola asociación Cabaleiros do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo.

Este domingo, 10 de abril, celébrase a sétima ruta do poldro, organizada pola asociación Cabaleiros do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo.
 
Este domingo, día 10, celebrarase a sétima edición consecutiva da Ruta do Poldro, que organiza a asociación Cabaleiros do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo.
 
O concelleiro José Ramón Soto explicou que “esta nova edición xa se converte nunha cita habitual non só para os cabaleiros da nosa comarca senón que este acto atrae a numerosos participantes que se achegan dende varios puntos da nosa provincia e incluso de fóra; de feito o ano anterior contouse cunha participación de 115 cabaleiros, cantidade que se espera superar nesta edición”.
 
Ademais José Ramón Soto detallou que “o programa comezará ás 10 e media da mañá dende o polígono industrial de Cuíña para percorrer preto de 15 quilómetros a través dos lugares de Riocobo, Vila de Suso, Castelo, Gondrás, Lieiro, San Ciprián e volta ao polígono industrial, onde rematará  cunha típica comida. Trátase dunha marcha non competitiva, na que o principal obxectivo é reunir ás persoas que viven esta actividade e poder compartir diversas experiencias entre eles. É unha xuntanza aberta a tódolos públicos na que se agasallará a todos os inscritos cun detalle recordo. As inscricións pódense realizar a través dos teléfonos 636.94.08.88 e 626.31.88.70 ata o día antes da celebración. Para asistir á comida o prezo por comensal é de 20 euros e non é necesario participar de xeito activo na marcha”.