Este venres, 8 de xaneiro, a Casa da Cultura de Burela acollerá un concerto do grupo Toma 612. Dous dos seus compoñentes son da localidade.

Este venres, 8 de xaneiro, a Casa da Cultura de Burela acollerá un concerto do grupo Toma 612. Dous dos seus compoñentes son da localidade.
 
A Concellería de Cultura de Burela e Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) organizan este venres, 8 de xaneiro, o concerto do grupo de rock indie Toma 612, que ten entre os seus membros a veciños de Burela. A actuación está prevista para ás 21 horas na Casa da Cultura da vila.
 
Toma 612 é grupo rock indie formado por catro músicos que proveñen de distintas vertentes. Dimas e Mario beben do jazz, Ramón do metal alternativo e do indie e Jhonny, pola súa banda, do rock arxentino e da capital. O concelleiro de Cultura de Burela, José Díaz, asegura que con esta cita musical “la Concellería de Cultura apuesta por la música hecha desde Burela. Algunos de los componentes de Toma 612 son de Burela, de ahí que nos decidiésemos a contar con este concierto dentro de la programación cultural del primer trimestre de este 2016. Ellos van a presentar su disco en su tierra y esperan contar con su gente".
 
O grupo ten a súa orixe no dúo Vis à vis, conformado por Jhonny como voz e Ramón á guitarra. Tras preto de tres anos desa formación artística decidiron avanzar co seu primeiro LP, gravado en Xonix Records. Despois do traballo de estudo construíron Toma 612, cuxo nome será tamén o titulo do seu primeiro traballo. Trátase dun disco moi persoal con letras compostas polo guitarrista Ramón e acompañadas pola voz de Jhonny. Nesta nova etapa de cuarteto presentan novos temas propios e tributos a artistas como Leiva. O seu estilo rock indie, con algún corte pop e homenaxes ao rock madrileño, chegará o próximo venres, día 8, ao Auditorio da Casa da Cultura de Burela, antes de continuar neste mesmo mes a súa xira, que os levará á Fábrica de Chocolate de Vigo e á Sala O Muíño de Cervo.