Celeiro

Etiquetas:
12/07/2017

A Delegación Territorial da Xunta acolleu hoxe a presentación da Festa da Merluza de Celeiro, cita declarada de interese turístico galego, que se celebrará este sábado, día 15 de xuño, nesta localidade do concello lugués de Viveiro. 

A presente edición será a número vinte polo que desde a organización agardan celebrar este aniversario cun gran éxito de público. O ano pasado repartíronse máis de 2.000 racións o que demostra que habitualmente ten moi boa acollida como unha das citas gastronómicas máis valoradas da Mariña lucense.

O evento foi presentado polo delegado territorial, José Manuel Balseiro; o tenente de alcalde de Viveiro, Jesús Fernández, e os directivos do colectivo Chilindrín-Peñalba, Bernardo Fraga e Rosario San Isidro, que se encarga da organización desta cita.

Balseiro puxo...

leer más
Etiquetas:
26/06/2017

O 6 de xullo sortearase o décimo de lotería nacional que Loterías y Apuestas del Estado fixo para conmemorar a XX edición da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro.

A presentación do décimo tiña lugar hai uns días no peirao norte do porto de Celeiro, e no acto estiveron o presidente da ACD Penalba (entidade organizadora), Bernardo Fraga; o patrón maior da cofradía de pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro, Domingo Seijas; o representante de Puerto Celeiro SA, Eduardo Míguez; a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; Rosario San Isidro e Montserrat Ramil, membros da asociación; e a delegada de Loterías y Apuestas del Estado para a provincia de Lugo, Pilar Lorenzana.

O deseño do décimo correu a cargo de Dani Kxt, chilindrín afincado en Madrid e colaborador da asociación en todas as súas andainas.

 

Etiquetas:
15/06/2017

O 15 de xullo terá lugar en Celeiro a XX edición da Festa da Merluza. Esta festa de exaltación da merluza do pincho fresca, a alta gama dese pescado branco, é declarada de Interese Turístico Galego. Precisamente este ano coincidindo co seu décimo aniversario a Lotería Nacional dedicou un décimo a promoción desta festa. 

A XX Festa da Merluza desenvolverase na lonxa vella de Celeiro e a degustación dará comezo ás 21:00 horas. Como en anteriores edicións serviranse arredor de 1.500 racións entre os asistentes.

Organizada pola asociación Penalba Chilindrín conta co patrocinio da Confraría de Pescadores e Porto de Celeiro, e a colaboración do Concello de Viveiro e a Deputación de Lugo.

Este martes, 13 de xuño, ás 20:00 horas tivo lugar no local da ACD Penalba de Celeiro a reunión do Xurado...

leer más
18/05/2017

O colectivo Chilindrín Penalba celebra o décimo aniversario dos seus encontros anuais o día 3 de xuño.

Esta xuntanza de xente de Celeiro celebrarase nunha cea-baile que terá lugar o sábado 3 de xuño, no restaurante Louzao en Area, ás 22:30 horas.

As entradas a un prezo de 40 euros, están á venta no Bar Rolindes en Celeiro ata o 1 de xuño.

O colectivo Chilindrín leva a cabo a campaña de promoción deste evento baixo o lema Todo o que entre na rede é peixe, e convida a todos a participar nesta festa que conmemora o décimo encontro anual dos seus soci@s.

 

Etiquetas:
31/03/2017

A ACD PENALBA de Celeiro por quinto ano pon en marcha o V concurso de debuxo infantil da festa da merluza do pincho de Celeiro e invita a todos a participar.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 25 de maio e poderán participar tod@s @s nen@s que o desexen ata 12 anos (cumpridos ou por cumprir no ano 2017).

1.    OBXECTIVO XERAL:
Facer partícipes da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro toda a poboación infantil de Celeiro, do Concello de Viveiro, e por extensión de toda Galicia e España.

Elaborar un debuxo relacionado coa Festa da Merluza do pincho de Celeiro.

2.    REQUISITOS DOS PARTICIPANTES:
Poderán participar no concurso todos aqueles nen@s que o desexen ata 12 anos (cumpridos ou por cumprir no ano 2017).

3.    CONTIDO DA ACTIVIDADE:
Os participantes deberán realizar un debuxo ou mural relacionado co pobo de...

leer más
Etiquetas:
27/09/2016
A ACD Penalba-Colectivo Chilindrín organiza unha xornada de portas abertas o vindeiro 7 de outubro para dar a coñecer o baile galego. Será na Casa do Forno, de Celeiro.
 
O 7 de outubro terá lugar na Casa do Forno, de Celeiro, ás 19:00 horas unha xornada de portas abertas para dar a coñecer o baile galego.
 
O grupo de danzas e gaitas Nova Semente de Celeiro convidan a acudir a todos aqueles que queiran participar nas actividades. Tamén se poden por en contacto coa asociación no mail colectivochilindrin@gmail.com
 
Organiza: ACD Penalba- Colectivo Chilindrín
 
Etiquetas:
06/06/2016
O 14 de xuño serán entregados os premios aos gañadores do IV Concurso de Debuxo Infantil da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro.
 
O pasado 2 de xuño ás 20:00 horas reuniuse no Clube de Remo Celeiro, local social da ACD PENALBA, o xurado do IV Concurso de Debuxo Infantil organizado para a Festa da Merluza do Pincho de Celeiro, edición 2016.
 
Foron 120 os debuxos e carteis presentados dos que o xurado decidiu por unanimidade conceder os seguintes premios:
•PRIMEIRO PREMIO: TRABALLO CONXUNTO DA AULA DE 4º DE E. PRIMARIA DO CEIP PLURILINGUE DE GALDO.
•SEGUNDO PREMIO: INÉS CACHÓN OULEGO. CEIP Pedrosa Latas de Celeiro.
•TERCEIRO PREMIO: INÉS ALONSO OTERO. CEIP Pedrosa Latas de Celeiro.
 
Os premios...
leer más
Etiquetas:
10/05/2016
Ata o 25 de maio está aberto o prazo para participar no IV Concurso Infantil de Debuxo Festa da Merluza do Pincho, que se celebra en Celeiro.
 
A ACD Penalba-Colectivo Chilindrín de Celeiro informa que segue aberto o prazo para participar no IV Concurso Infantil de Debuxo Festa da Merluza do Pincho de Celeiro.
 
Esta asociación invita a todos a presentar os seus traballos para este certame e o prazo remata o vindeiro día 25 deste mes. Poden participar todos os nenos e nenas que o desexen ata 12 anos (cumpridos ou por cumprir neste 2016).
 
Etiquetas:
06/04/2016
O colectivo Chilindrín, de Celeiro, organiza o IX Encontro Chilindrín, que se celebrará o 16 de abril no restaurante Louzao, en Area.
 
A Asociación Cultural Deportiva Penalba-Colectivo Chilindrín organiza para o sábado día 16 Gancho a Popa!!, o IX Encontro Chilindrín, unha xuntanza da xente de Celeiro.
 
Éste terá lugar no Restaurante Louzao, en Area, ás 22:00 horas. O prezo é de 35 euros, que inclúe cea e baile. As entradas poden mercarse no bar Rolindes ata o día 14.
 
Etiquetas:
04/04/2016
Ata o 25 de maio pódense presentar os traballos ao Concurso Infantil de Debuxo, que organiza o Colectivo Chilindrín pola celebración da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro.
 
A Asociación Cultural e Deportiva Penalba-Colectivo Chilindrín de Celeiro convoca o Concurso Infantil de Debuxo Festa da Merluza do Pincho.
 
Poden participar neste concurso todos aqueles nen@s que o desexen ata 12 anos (cumpridos ou por cumprir no ano 2016). Os participantes deberán  realizar un debuxo ou mural relacionado co pobo de Celeiro ou coa festa de pescada en particular. Estes debuxos deberán facerse a man, non valendo o uso do ordenador, e terán que levar o texto Festa da Merluza de Celeiro.
 
O prazo de presentación dos traballos remata o 25 de maio do 2016 inclusive e deberán entregarse a algún membro da...
leer más