FITUR

18/01/2022

A Mancomunidade de Concellos presentará en Fitur a entrada en vigor do Plan de Sustentabilidade Turística na Mariña Lucense 2022–2024. A entidade asiste ademais cunha axenda de contactos e reunións de traballo con turoperadores, empresas e medios de comunicación especializados no eido turístico.

O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, sinala que “unha edición mais o xeodestino da Mariña Lucense estará presente na Feira Internacional de Turismo (Fitur) da man de Turismo de Galicia e presentaremos alí ante autoridades, prensa especializada, turoperadores e profesionais do sector turístico a entrada en vigor do Plan de Sustentabilidade Turística da Mariña Lucense 2022 – 2024”.

Cajoto subliña que “a participación na feira ten por obxectivo traballar na promoción e reactivación turística do destino para impulsar un...

leer más
Etiquetas:
17/01/2020

Unha delegación formada por representantes do Concello de Ribadeo e da Asociación de Comerciantes, Industrias, Servizos e Autónomos presentarán o legado indiano ribadense a axencias de viaxes e turoperadores durante a feira internacional de turismo Fitur, que se celebrará en Madrid a vindeira semana.

“Ribadeo estará presente nunha nova edición da Feira Internacional de Turismo (Fitur). Sabedores de que o concello de Ribadeo segue a medrar como destino dentro de Galicia, unha delegación formada por membros do Concello e ACISA desprazaranse a Madrid para seguir posicionando esta contorna como un dos destinos turísticos máis importantes do litoral galego e mesmo español, onde milleiros de persoas conflúen actualmente para gozar dunha paisaxe excepcional conformada por un conxunto de elementos patrimoniais de carácter natural e cultural”,...

leer más
Etiquetas:
23/01/2015
O Concello de Ribadeo presentará o 29 de xaneiro en Madrid, na Casa de Galicia, a súa nova campaña turística #Ribadeoxqsí.

 

#Ribadeoxqsí é o slogan da campaña de promoción turística que o Concello presentará en Madrid coincidindo coa Feira Internacional de Turismo, que dará comezo o vindeiro mércores, 28 de xaneiro. Na Casa de Galicia terá lugar o acto principal o día 29 ás 20 horas. Alí presentarase a páxina web de Turismo, o novo vídeo de promoción de Ribadeo e a campaña coa que Ribadeo se presenta vivo na rede. Ana Martínez, a concelleira de Turismo, sinala que "aproveitando o tirón mediático no que se atopa na actualidade inmerso Ribadeo, e con motivo da celebración dunha das feiras máis importantes a nivel mundial: Fitur 2015, Ribadeo presentarase ao mundo coma destino turístico con entidade propia e firme, un destino moderno, dinámico e actual, pero sempre tendo en conta a súa tradición e o seu forte vínculo co mar coma potencia...

leer más