Igualdade
As Xornadas Diversidade Étnico-racial, serán a primeira cita do outono que convoca o Observatorio da Mariña pola Igualdade. Terán lugar en Burela do 13 de setembro ao 4 de outubro e inclúen catro charlas/obradoiro co obxectivo de analizar e debater temas de xénero, interculturalidade e historias da vida que afectan ás mulleres racializadas así como a presentación do libro “Mulleres negras na ciencia” nos IES Monte Castelo e O Perdouro para dar visibilidade ás mulleres negras e afrodescendentes que fixeron historia na ciencia coas súas achegas.
Para o desenvolvemento das xornadas, o Observatorio da Mariña pola Igualdade contará coa colaboración de Zinthia Alvarez Palomino, xornalista, membra de Afrogalegas, impulsora do proxecto Mulleres negras que cambiaron o mundo e autora do libro "Mujeres negras en la ciencia" así como con Jeane Costa...
leer más
Do 16 ao 29 de novembro celebraranse en Ribadeo diversos actos para conmemorar o día internacional da loita contra a violencia de xénero. Haberá teatro nos escaparates de catro comercios, conferencias e dúas performance. As actividades foron presentadas esta tarde nunha rolda de prensa que se celebrou no salón de plenos do Concello.
A programación, organizada pola Concellaría de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres de Ribadeo, conta coa colaboración económica da Secretaría Xeral de Igualdade e do Fondo Social Europeo e coa participación dos centros de ensino da vila, da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autonómos (Acisa), co Grupo de...
leer más






