Infantil

25/09/2024

A compañía Trémola Teatro representará a obra infantil titulada “Anuncio por palabras” este venres, 27 de setembro, na Casa da Cultura do Valadouro ás 19:00 horas.

É unha actividade de narración oral, dirixida a nenos e nenas de máis de 3 anos de idade, que está incluída dentro do programa Ler conta moito, para a dinamización das bibliotecas.

Está organizada pola Delegación de Cultura do Concello do Valadouro.

Etiquetas:
06/09/2024

A Área de Cultura do Concello de O Valadouro celebra o Día do Neno o vindeiro 9 de setembro.

O luns da próxima semana desenvolveranse diversas actividades ao longo da tarde e haberá inchables, toro mecánico e unha festa da espuma se o tempo o permite.

 

27/07/2024

O Concello de Cervo anuncia que a piscina de Río Cobo “será o escenario dunha divertida actividade acuática con motivo da Festa da Maruxaina:

Experiencia Sereas e Tritóns”. Esta actividade será o xoves 8 de agosto e está destinada a crianzas de 6 a 13 anos.

Está organizada pola Federación Española de Actividades Subacuáticas, coa colaboración do Concello de Cervo.

As persoas interesadas en máis información sobre esta actividade poden contactar coa organización a través do teléfono 629.08.35.48.

Etiquetas:
10/06/2024

O Concello de Burela acollerá este sábado 15 de xuño, na Casa da Cultura, unha actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona, dirixida a un público familiar.

O concerto desta banda de música infantil en galego será gratuíto, e servirá para celebrar a fin do curso e pechar a tempada de actuacións organizadas polo Concello no primeiro semestre do ano.

“Este evento será o último deste semestre contratado a través do convenio coa Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC”, explica a concelleira de Cultura, Lina Gómez.

“Dende o Concello xa estamos a preparar a programación do seguinte semestre, que de seguro estará chea de espectáculos tan destacados como o deste sábado”, engade Gómez.

O concerto terá lugar ás 18:00 do día 15 de xuño no auditorio da Casa da Cultura...

leer más
29/05/2024

A trixésima primeira edición da Festival Folclórico Infantil que organiza a Agrupación Folclórica O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante, celebrarase o día 29 de xuño, sábado, ás 19:30 horas. Será no pavillón do CEIP San Miguel, ata onde haberá un pasacalles dende a Praza do Souto.

Ademais do colectivo anfitrión actuará a Escoliña da Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, do concello coruñés de Sada.

Etiquetas:
21/04/2024

Las entradas para presenciar este espectáculo, al precio de 7 euros, ya están a la venta. 

“El Mundo de los Muñecos” es un espectáculo musical de 70 minutos de duración 
para niños de todas las edades. Se trata de una aventura llena de magia, payasos y los personajes más conocidos del mundo del cine y la televisión.

El musical, que tendrá lugar en el auditorio municipal Hernán Naval, dará comienzo a las seis de la tarde. 

 

Etiquetas:
12/03/2024

A Área de Cultura do Concello de Alfoz organiza para esta Semana Santa, concretamente o mércores 27 de marzo, unha festa infantil “para que os máis novos desfruten con inchables, globoflexia, xogos xigantes, e sorpresas. A entrada é libre e de balde e a actividade está dirixida a todos os nenos e nenas que queiran vir pasar a tarde con nós”.

Será no pavillón municipal de Alfoz de 16:30 a 20:30 horas. 

 

Etiquetas:
27/02/2024

O clown Roi Borrallas chega o vindeiro domingo, 3 de marzo, a Viveiro co seu espectáculo “Solo”, destinado para nenas e nenos a partir de cinco anos. Será ás 18 horas no Teatro Pastor Díaz. 

O hábitat natural de calquera pallaso é a escena, co seu público. Pero que pasa cando queda só? É no camerino onde se mestura a persoa e o personaxe. Onde se desdebuxa a liña que os separa. Un limbo que non é o escenario nin a vida real. É nesa fronteira onde ten lugar este espectáculo… Pasen e vexan a trastenda deste artista, as súas ideas e tolemias. Vexan como se defende da soidade e a rutina con imaxinación e humor. Pasen e vexan o que ninguén ve. Unha persoa ante si mesma. Un actor sen público, un pallaso cando ninguén o observa.

 

Etiquetas:
22/02/2024

A compañía Elefante Elegante representará a obra de teatro familiar titulada Cubo este domingo, 25 de febreiro, en Ribadeo. Será no auditorio municipal Hernán Naval ás 17:30 horas.

É unha creación destinada ao público familiar e infantil, a partir dos 4 anos preferentemente. O espectáculo ten orixe na abstracción desta figura xeométrica e parte da situación de confinamento para evocar a amizade, as separacións, a necesidade de descubrir o mundo e a aventura de medrar.

A estrutura escenográfica ten 2 metros de lado e as súas caras ábrense, péchanse, móntanse e desmóntanse. A figura xeométrica de 8 metros cúbicos é incriblemente sólida para soportar os corpos dos intérpretes e maxicamente lixeira para erguerse e xirar polo escenario como un enorme xoguete de madeira.

 

Etiquetas:
08/02/2024

O Concello de Cervo organiza unha festa infantil de Entroido na carpa instalada na Praza dos Campos, de San Cibrao, para o luns 12 de febreiro a partir das 17:00 horas.

Haberá talleres, inchables, xogos e chocolate con churros.

A organización anima aos participantes a acudir disfrazados.