Ortegal

20/05/2015
A Mariña e Ortegal acollerán en maio e xuño os III Obradoiros Gastronómicos "Á beira do mar" e un taller de mar infantil.
 
O Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal, en colaboración coa Federación de Comercio da Mariña, inicia este fin de semana os Obradoiros Gastronómicos “Á Beira do Mar”. 
Consistirá en realizar ó longo dos meses de maio e xuño, en distintas Vilas mariñeiras da zona da Mariña e Ortegal, un total de 12 Obradoiros Gastronómicos. 
Nun ámbito aberto, con acceso libre para o público (lonxas, mercados, prazas…..) montarase unha instalación de cociña portátil. O cociñeiro Suso Liste, da Escola de Hostalería de Foz, realizará á vista do público elaboracións sinxelas de cociña con produtos do mar da zona que estean en tempada. Será o encargado de ensinarnos cómo limpar e cociñar o peixe, cómo racionar un peixe, para saber o rendemento, cómo...
leer más
Etiquetas:
02/03/2015
Nordés Faladora organiza unha xornada sobre o ourizo de mar. Será o vindeiro sábado, 7 de marzo, en Loiba e Espasante, en Ortegal.
 
Para este mes de marzo a asociación Nordés Faladora propón unha actividade que, de novo, ten coma eixe o mar e os seus habitantes. Nesta ocasión, a volta á beira do mar de Loiba é para dar a coñecer a un manxar extraño ás mesas galegas, aínda sendo moi apreciado dende tempo atrás nas da nosa veciña terra asturiana: o ourizo de mar. 
Na praia da Ribeira do Carro, e saindo do Restaurante "O Galeón" de Loiba  desenvolverase a primeira parte da xornada baixo a dirección de José Antonio Canoura, achegándonos á forma de coller os ourizos con xeito, é dicir, diferenciándoos para apañar aqueles que sexan os idóneos para o seu consumo, así como, por suposto, facéndoo tendo en conta o tamaño mínimo permitido. E como tanto traballo de campo, ou mais ben de praia, abriranos o apetito...
leer más