Tenis
07/08/2015
O Torneo Vila de Foz de Tenis está a piques de iniciar unha nova edición, desta vez a número 17ª, organizada un ano máis polo Club de Tenis de Foz coa colaboración do Concello. Será entre os días 14 e 23 de agosto e o prazo de inscrición para os que desexen participar está aberto ata o día 12. Terá, como noutros anos, dúas modalidades: individual e dobre.
O presidente do Club de Tenis de Foz, Ramón Cajoto, deu algúns detalles sobre o desenvolvemento do torneo: “as inscricións pódense facer no bar Salado, que está enfronte da estación de servizo, ao lado das pistas de tenis, ou ben facer un ingreso nunha conta do Banco Sabadell que ten o Club. Simplemente con dicir que é para a inscrición é suficiente, non é necesario anotar a conta nin moito menos. Tamén poden chamarme a...
leer más



