Tenis

Etiquetas:
21/09/2017

As pistas de Marzán acollerán un torneo internacional de tenis infantil desde mañá, venres, ata este domingo, día 24. Neste evento deportivo, que está organizado polo Club de Tenis de Foz, colabora o Concello focense e o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, participou na súa presentación xunto aos membros do club Roberto Paradela e Ramón Cajoto.

Desde mañá, venres, a partires das 17:30 horas loitarán pola vitoria os oito mellores infantís do noroeste peninsular, concretamente os dous mellores xogadores de Asturias, de Cantabria, de Portugal e de Galicia, entre eles o focense Dani García. O sábado a partir das 10 da mañá xogaranse os partidos de segunda e terceira rolda, quedando para a tarde, dende as 17:00 horas, as semifinais. O domingo a partir das 11 da mañá terán lugar as finais.

Etiquetas:
07/08/2017

A décimo novena edición do torneo de tenis Vila de Foz disputarase do 14 ao 20 deste mes nas pistas de Marzán. Está organizado polo Foz Club de Tenis e colabora o Concello focense.

O torneo disputarase tanto en individual como en dobres na modalidade absoluto-mixto. A data límite de inscrición é este venres, día 11 de agosto, e agárdase unha participación semellante á do ano pasado.

Foi presentado polo alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e o directivo do Foz Club de Tenis Ramón Cajoto Sante.

 

Etiquetas:
04/07/2017

Do 17 ao 30 de xullo terá lugar o III Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial José Luis Yebra, que foi presentado esta mañá. O evento está organizado polo Club de Tenis-Pádel A Marosa e conta coa colaboración de Concello burelés. 

O torneo disputarase nas modalidades individual masculino e feminino e dobres masculino. A inscrición estará aberta ata o vindeiro día 14. As persoas interesadas en participar poden anotarse en clubdetenispadelamarosa@outlook.com ou nos seguintes números de teléfono: 630 744 347 e 687 433 380. A cota en individual masculino será de 5 euros para os socios e de 10 euros para os non socios; en individual feminino 3 euros para socias e non socias; e en dobres masculino a cota será de 5 euros/parella socios e 10 euros/parella non socios. 

... leer más
Etiquetas:
28/07/2016
O XVIII Torneo de Tenis Vila de Foz disputarase do 1 ao 7 de agosto nas pistas de Marzán. O evento foi presentado polo alcalde e por directivos do Club de Tenis.
 
A décimo oitava edición do torneo de tenis Vila de Foz disputarase do 1 ao 7 de agosto nas pistas de Marzán. Foi presentado hoxe, xoves, polo alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e os directivos do Foz Club de Tenis Ramón Cajoto Sante e Xosé Ramón Veiga.
 
Este torneo desenvolverase en individuais e dobres, nas modalidades de absoluto mixto e novas promesas. A data límite de inscrición é este sábado, 30 de xullo, e poden realizarse no Bar Escairo ou nos teléfonos 661.20.77.96 ou 619.60.44.95.
 
 
Etiquetas:
07/07/2016
Do 18 ao 31 de xullo disputarase o II Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial José Luis Yebra.
 
O salón de plenos acolleu a presentación do II Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial José Luis Yebra, que se disputará do 18 ao 31 de xullo. Está organizado polo Club de Tenis-Pádel A Marosa e conta coa colaboración do Concello. 
 
As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o día 14 nos seguintes teléfonos 630 744 347 ou 687 433 380 ou tamén no correo electrónico clubdetenispadelamarosa@outlook.com
 
O torneo disputarase nas seguintes categorías: individual masculino, individual feminino e dobres masculinos. Os prezos de inscrición para socios e non socios oscilan entre os 3 e...
leer más
Etiquetas:
07/08/2015
O XVII Torneo Vila de Foz de Tenis celebrarase do 14 ao 23 de agosto. O prazo de inscrición está aberto ata o día 12.
 
O Torneo Vila de Foz de Tenis está a piques  de iniciar unha nova edición, desta vez a número 17ª, organizada un ano máis polo Club de Tenis de Foz coa colaboración do Concello. Será entre os días 14 e 23 de agosto e o prazo de inscrición para os que desexen participar está aberto ata o día 12. Terá, como noutros anos, dúas modalidades: individual e dobre.
O presidente do Club de Tenis de Foz, Ramón Cajoto, deu algúns detalles sobre o desenvolvemento do torneo: “as inscricións pódense facer no bar Salado, que está enfronte da estación de servizo, ao lado das pistas de tenis, ou ben facer un ingreso nunha conta do Banco Sabadell que ten o Club. Simplemente con dicir que é para a inscrición é suficiente, non é necesario anotar a conta nin moito menos. Tamén poden chamarme a...
leer más