Trofeo
06/08/2015
A XVII Edición do trofeo de fútbol Vila de Foz celebrarase este próximo sábado, día 8 de agosto, ás 19 horas no campo Martínez Otero en nel mediranse o Racing Club Villabés e o Deportivo B. Así o anunciou o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, durante a presentación do evento celebrada hoxe, na que estivo acompañado polo presidente do CD Foz, José María García Rivera; e por Conchi Blanco, que é a xerente da empresa patrocinadora do evento: a casa rural e restaurante El Rincón de Anita.
O rexedor municipal comentou que o trofeo Vila de Foz “este ano vano disputar dous equipos ben queridos aquí na Mariña lucense e concretamente en Foz. Un deles é o Racing Club Villabés, da Terra Cha, e o outro é o filial do Deportivo da Coruña, o Deportivo B. É un cartel interesante...
leer más 13/07/2015
O concelleiro de Deportes, David Rivas, e o presidente do Ribadeo FC, Víctor López, presentaron a sesenta e catro edición do trofeo Emma Cuervo, que disputarán o Deportivo da Coruña e o Club Deportivo Lugo o vindeiro 25 de xullo. No acto estiveron acompañados polo alcalde, Fernando Suárez, e polo técnico de Deportes, Iván López.
O presidente do Ribadeo FC, Víctor López, explicou que “este partido celebrarase no noso estadio, o Pepe Barrera, o 25 de xullo ás 19:30 horas e este ano vai ser entre dous equipos galegos: o Club Deportivo Lugo e o Real Club Deportivo da Coruña. Coincide ben neste senso porque ademais é o Día de Galicia e supón unha anécdota máis que se enfronten dous equipos galegos nesta edición nesa xornada festiva”.
...
leer más 27/05/2015
Este domingo, 31 de maio, no pavillon municipal de Xove e a partir das 18:30 horas, a Escola de Karate da ACD.XOVE, organiza o Torneo de Promocion de Karate, ACD.XOVE-2015, onde compitiran todolos alumnos da Escola, asi como alumnos invitados de outras Escola de Karate de A Mariña.
Os xovenes Karatekas compitiran nas disciplinas de Kata, Kumite, Kobudo e Kendo, asi mesmo farán unha desmostración de Defensa Personal.
A organización do evento correo a cargo da Escola de Karate da ACD.XOVE, baixo a dirección e coordinación do maestro Eladio Esteban Santalla. Patroncina: ACD.XOVE. Colabora: Concello de Xove.
09/04/2015
A piscina municipal de Lieiro acolle este sábado o I Trofeo de Natación Concello de Cervo. Unha competición que reunirá a 119 nadadores dun total de 8 clubs de Galicia, Asturias e Euskadi. En concreto, acudirán o CN Liceo da Coruña, o CN Xove, AD Náutico de Narón, CN Cedeira, CN Avilés, CN PortaMiñá Lugo e CN Barakaldo.
A competición, que está organizada polo CN PortaMiñá de Lugo coa colaboración do Concello, dará comezo ás 11 horas, e incluirá as categorías de infantil, junior e absoluta; mentres a entrega de medallas individuais e o trofeo ao equipo campión está prevista para as 13:30 h.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, Luis Guillén, o presidente do Club Natación Porta Miñá Lugo, Fernando Timiraos, e a...
leer más- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4






