Homenaxe a Manuel María este sábado, 9 de abril, no Auditorio Hernán Naval de Ribadeo. O concerto de Sólo Voces está previsto para as oito e media.

Homenaxe a Manuel María este sábado, 9 de abril, no Auditorio Hernán Naval de Ribadeo. O concerto de Sólo Voces está previsto para as oito e media.
 
O conxunto vocal lugués Sólo Voces actuará este sábado, día 9, en Ribadeo dentro da programación elaborada pola Concellería de Cultura do Concello arredor da figura de Manuel María.
 
O concerto que será ás 20:30 horas no Auditorio Hernán Naval, leva por título O Eco do Poeta Manuel María e recolle a poética do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas a través das composicións de Eli G. Bouso, que recrea as paisaxes adoradas por Manuel María.
 
O prezo da entrada é de 3 euros.