Limiar Teatro representará este sábado, 5 de marzo, en Burela a obra "Don Quixote, unha comedia gastronómica". Trátase dunha peza para todos os públicos.

Limiar Teatro representará este sábado, 5 de marzo, en Burela a obra "Don Quixote, unha comedia gastronómica". Trátase dunha peza para todos os públicos.
 
A Delegación Municipal de Cultura, dentro da súa programación cultural para este trimestre, presenta á  compañía Limiar Teatro coa obra Don Quixote, unha comedia gastronómica. A representación conta co patrocinio da Concellería de Cultura da Xunta de Galicia, a Rede de Teatros e Auditorios e da propia AGADIC. O acto terá lugar ás 17:30 horas deste sábado, 5 de marzo, na Casa da Cultura. E a entrada será de 2´50 euros para todos os públicos.
 
Limiar Teatro naceu a finais de 2009 e dende entón ven de realizar máis de cen funcións por toda a península cos seus espectáculos. Co primeiro “Os 4 da Xunqueira”, un infantil en coproducción con MAO e o Centro Dramático Galego realiza unha xira de máis de 60 representacións. Co segundo “Verbum Fahrenheit” , un espectáculo para público xuvenil e adulto en coprodución co Museo Verbum-Casa das Palabras fixeron máis de 40 representacións. Na actualidade traballan en tres novas producións: Don Quixote e a dieta mediterránea, Medea, e Verbas así como na distribución e apoio loxístico da produción do Teatro Español de Madrid dirixido por Mario Gas “Moscú Cercanías”.
 
Don Quixote é un espectáculo que combina grandes doses de humor e tolemia para dar lugar a esta gastronómica versión da obra de Cervantes. O señor Alonso Quijano, cociñeiro, fascinado pola obra de Cervantes se “Quixotiza” mentres cociña un saboroso potaxe de vixilia, primeira comida que na venda ofreceron ao ilustre cabaleiro. No ano 2015 foi o 400º aniversario da publicación da segunda parte da máis universal obra de Cervantes, Don Quixote unha comedia gastronómica” é unha oportunidade única de poder conmemoralo cun divertido espectáculo adaptable a distintos públicos por idades, dende cativos a maiores, agradecéndose iso si, unha franxa homoxénea de público principal.