Malasombra Produccións chega o 10 de decembro a Viveiro co musical "Os Rockenstein". O espectáculo ten coma destinatario o público familiar.

Malasombra Produccións chega o 10 de decembro a Viveiro co musical "Os Rockenstein". O espectáculo ten coma destinatario o público familiar.
 
O musical Os Rockestein estará no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 18:00 horas do vindeiro sábado, 10 de decembro. Este espectáculo de Malasombra Produccións está dirixido para un público familiar.
 
Conta a historia do doutor Rockestein, gran profesor, científico e inventor, pero tamén un melómano consciente de que a boa música está desaparecendo do planeta. Para remedialo, no seu laboratorio decide crear un ser vivo, unha criatura a que converter nunha estrela musical que salve ao mundo da desaparición do rock´n roll. Do seu experimento saen non unha senón tres criaturas, unha masculina e dúas femininas, e comeza a súa tarefa de educar ás futuras estrelas de rock para que se formen antes como persoas que como rockeiros. Esa educación será a través das nove cancións que compoñen este musical no que continuamente pedirá a participación dos espectadores e espectadoras.