Mañá, 20 de xuño, celébrase no Auditorio Municipal de Ribadeo o Festival Fin de Curso da EMMeD, que estará dedicado ás bandas de rock.

Mañá, 20 de xuño, celébrase no Auditorio Municipal de Ribadeo o Festival Fin de Curso da EMMeD, que estará dedicado ás bandas de rock.
 
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo vai camiño de pechar o curso 2014/15. Farao de xeito oficial este sábado, 20 de xuño, a partir das 18:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, coa celebración do festival de fin de curso que nesta ocasión está dedicado ás bandas de rock que, a bo seguro, non pasarán desapercibidas para o público asistente.
 
“As diferentes agrupacións que pasarán polo escenario do Auditorio Municipal Hernán Naval interpretarán música de grupos como Europe, Deep Purple, ACDC, Queen, etc. Será, unha vez máis, un festival que non deixará a ninguén indiferente. Tentaremos sorprender á xente cun festival concebido para que o gocen non só no plano musical, que por suposto que o farán, senón tamén na ambientación, nos decorados, nas presentacións…”, explicou o director da EMMeD, Hugo García.
 
Antes de pechar o mes de xullo, a EMMeD de Ribadeo celebrará tamén xornadas de portas abertas, nas que o profesorado do centro explicará as distintas disciplinas que se imparten no centro, incluíndo unha pequena clase práctica. Serán os días 22 e 23 de xuño entre as 16:00 e as 20:00 horas.