
O martes 17 de febreiro, o Entroido trasládase a San Ciprián, “cun gran desfile que dará comezo ás 18:00 horas desde a Praza dos Campos, percorrendo as principais rúas da localidade. Este desfile contará cunha ampla dotación de premios, repartidos entre as categorías individuais, parellas, grupos, comparsas e categoría xuvenil, cun total de 2.280 euros. A animación correrá a cargo da Charanga Os Macanudos, e ao remate da entrega de premios a música continuará con DJ Aaron. Ademais a A.C. Comisión de Festas de Lieiro instalará un posto de venda na carpa da Praza dos Campos con chocolate, sobremesas, bolos preñados e empanadillas contribuíndo a crear un ambiente festivo e gastronómico”, anuncia o Concello de Cervo.
As inscricións para participar no desfile realízanse na Casa da Cultura de San Ciprián, en horario de mañá, ata o luns 16 de febreiro. Tamén ese día pola tarde poderán anotarse na carpa ata unha hora antes de que dea comezo o desfile As persoas inscritas con antelación recibirán vales de consumición para canxear establecementos hostaleiros locais e bolos preñados.


