
A parroquia de Sante, no municipio de Trabada, celebrará as festas do Corpus Christi esta fin de semana, desde o venres 26 ata o domingo 28 de xuño.
As activades comezarán o venres ás 22:30 horas cunha verbena amenizada pola orquestra Marbella e a discoteca móbil The Sound Project.
O sábado desde as 21:00 horas haberá churrascada popular e despois verbena co grupo Master e o dúo Venus
E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa cantada e procesión, seguida de sesión vermú larga con Los Adrianos.
Sobre esta actividade e outras o Concello de Trabada destaca “a importante labor que realizan as asociacións, comisións de festas e colectivos do municipio na dinamización da vida social e cultural, contribuíndo a manter vivas as tradicións e a ofrecer alternativas de lecer para veciños e visitantes. O Goberno municipal reafirma o seu compromiso de colaboración con estas entidades, apoiando iniciativas que fortalecen a participación cidadá, a convivencia e o atractivo do concello ao longo de todo o ano”.


